A Universidade de Vigo presentou en Dinamarca a súa oferta investigadora en tecnoloxías limpas na feira Copenmind

Setembro 11, 2008 at 6:27 am Deixar un comentario

 

A Universidade de Vigo participou a pasada semana cun stand propio en Copenmind, unha feira na que universidades, centros de investigación e empresas de todo o mundo compartiron durante tres días na sala de exposicións e congresos “Bella Center” de Copenhague experiencias sobre enerxías limpas, desenvolvemento sostido, reciclaxe e cambio climático. Este último foi o tema elexido nesta edición da mostra como prólogo ó próximo cumio mundial sobre o clima que se celebrará tamén na capital danesa no ano 2009.

 

Neste encontro tomaron parte máis de cen universidades e centros de investigación, todos eles cun claro perfil investigador e científico. O obxectivo desta primeira edición non era outro que o de crear sinerxias entre ciencia e economía, facilitando o contacto, moitas veces difícil, entre os investigadores e os consumidores potenciais dos seus descubrimentos. A transferencia de coñecementos universidade-empresa é un dos alicerces deste encontro global no que se presentan os traballos dos grupos de investigación co fin de que os avances acadados podan ser asimilados polo mundo empresarial e utilizados para mellorar e optimizar o seu proceso productivo cotián, buscando un aproveitamento práctico das investigacións.

 

A Universidade de Vigo, unha das tres institucións españolas que tomaron parte en Copenmind xunto coas Politécnicas de Madrid e Valencia, presentou por medio de dous técnicos desplazados para a ocasión a Dinamarca a súa oferta en enerxías renovables e medio ambiente recollida nun folleto-catálogo e outra serie de materiais informativos sobre os traballos e as patentes dos investigadores vigueses orientados cara as tecnoloxías limpas nos seus diferentes campos, dende a biotecnoloxía ata a enxeñería ambiental, pasando por estudios de contaminación acústica, enerxía solar, tecnoloxía dos alimentos, etc.    

 

A presenza da Universidade de Vigo neste evento pódese considerar un paso máis no camiño da transferencia tecnolóxica á sociedade. O stand da UVigo recibiu máis de 50 visitas,  entre empresas, investigadores doutras universidades e organizacións de transferencia científico-tecnolóxica que se mostraron moi interesados nos proxectos de investigación que se están levando a cabo nos tres campus cos que conta a universidade viguesa.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized. Tags: , , .

A Universidade de Vigo crea a Unidade de Cultura Científica A Universidade de Vigo participa activamente na Semana da Ciencia 2008

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: