A Universidade de Vigo participa activamente na Semana da Ciencia 2008

Outubro 5, 2008 at 6:35 pm Deixar un comentario

A Universidade de Vigo vai participar con sete actividades na Semana da Ciencia 2008, un evento de carácter europeo que se celebra anualmente para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade. A UVigo abre as súas portas e organiza actividades coas que pretende amosar á cidadanía, dun xeito ameno e accesible, como a ciencia e a tecnoloxía están presentes nas súas vidas cotiás, desde os elementos máis simples aos máis sofisticados. O obxectivo da Semana da Ciencia é incitar ao pensamento, provocar a curiosidade e divertir a un público o máis amplo posible.

A Semana da Ciencia 2008 terá lugar entre o 10 e o 23 de novembro de 2008 e en Galicia está coordinada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellaría de Innovación e Industria, en colaboración con FECYT, a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, entidade dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación que coordina o evento a nivel estatal.

Neste Blog poderedes consultar as actividades que se van desenvolver no ámbito da Universidade de Vigo.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

A Universidade de Vigo presentou en Dinamarca a súa oferta investigadora en tecnoloxías limpas na feira Copenmind A Dirección Xeral de I+D+i busca investigadores para participar nun “Cabaré Científico”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: