O secretario de Estado de Universidades transmítelle a directora da OTRI as políticas que se están a levar a cabo en transferencia

Outubro 8, 2008 at 8:31 am Deixar un comentario

Publicado no DUVI o martes 7 de setembro de 2008
D. Besadío | Vigo

A comisión permanente da Rede OTRI, á que pertence a directora de I+D da Universidade Ángeles López, reuniuse en Madrid co secretario de Estado de Universidades, Màrius Rubiralta, para coñecer as principias políticas que se están a levar a cabo en materia de transferencia de resultados da investigación.

Un dos aspectos que desde a Secretaría de Estado de Universidades se quere potenciar é a posta en valor das investigacións realizadas, financiando a creación de modelos de utilidade e prototipos. Segundo se desprendeu da reunión, o principal interese do secretario é que os resultados da investigación non queden simplemente nas diferentes memorias anuais de I+D, senón que se revaloricen. Cada universidade debe coller os proxectos de investigación que considere que teñen maiores posibilidades de promoción e viabilidade e darlle valor. “Que non queden en proxectos de investigación bonitos, senón que se leven aos mercados e se apliquen”, tal e como explicou Ángeles López ao seu regreso a Vigo.

As axudas serán non as OTRIs directamente, senón precisamente á valorización dos resultados da investigación, o paso necesario para conseguir que as mellores ideas cheguen aos mercados. Para isto é necesario, segundo lles expuxo Rubiralta, facer prototipos, plantas piloto, estudos de mercado, plans de comercialización… e será cara a este tipo de actividades ás que se dirixan as axudas de transferencia.
Ademais das dificultades de conseguir financiamento público, Rubiralta sinalou a importancia de motivar ao capital privado a participar neste tipo de accións e impulsar estes proxectos, “xa que son precisamente as empresas as que van explotar estes resultados.

A rede OTRI colaborará na posta ao día da actual Lei da Ciencia
Outro dos temas claves da reunión foron os traballos que se están levando a cabo para a renovación da actual Lei da Ciencia que data de 1986. “Hai unha comisión de expertos que está traballando nun borrador de proposta e a nós facilitáronsenos todos os documentos e invitáronnos a facer as nosas propias achegas como expertos neste terreo”, explica Ángeles López.

Ademais, outro dos compromisos fai referencia á LOU de 2007, onde quedou pendente todo o desenvolvemento normativo polo que se regule as spin-off universitarias, dende a propia definición desta figura ata posibles incompatibilidades do profesorado que participe, etc. “O noso compromiso foi facerlle chegar as necesidades que debe cumprir o Real Decreto que regule esta figura antes de que remate o ano”, explicou López.

Entry filed under: Uncategorized.

A Dirección Xeral de I+D+i busca investigadores para participar nun “Cabaré Científico” Miguel Ángel Correa e Roberto López Valcarce contarán o seu día a día aos alumnos de secundaria

Deixar un comentario

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030