Miguel Ángel Correa e Roberto López Valcarce contarán o seu día a día aos alumnos de secundaria

Outubro 22, 2008 at 8:54 am Deixar un comentario

Os investigadores da Universidade de Vigo, Miguel Ángel Correa e Roberto López Valcarce, galardoados en 2007 cos Premios Galicia de Investigación na categoría de investigadores mozos percorrerán na semana do 17 ao 21 de novembro varios centros de ensino secundario de Vigo e bisbarra para contarlles aos alumnos como é o día a día dun investigador, os campos nos que traballan e as aplicacións prácticas dos seus avances.

Miguel Ángel Correa traballa no campo das nanotecnoloxías e a nanociencia, no desenvolvemento de materiais con novas propiedades que xurden a esta escala, que poden permitir crear dende biosensores de tumores ata plásticos máis resistentes. Correa, está agora a dirixir un proxecto sobre nanotubos de carbono para o seu uso como biosensores e microrreactores.

Roberto López Valcarce é un experto no procesado do sinal. Enfoca a sua labor investigadora cara a manipulación de sinais procedentes de diversos sistemas de comunicacións, un campo que avanza a pasos axigantados e que, cada vez máis, é protagonista das nosas vidas: móbiles, Internet, televisión, etc.

Estas charlas enmárcanse dentro dos actos da Semana da Ciencia, na que a Universidade de Vigo vai participar de forma activa.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

O secretario de Estado de Universidades transmítelle a directora da OTRI as políticas que se están a levar a cabo en transferencia “Tardes de Ciencia” achega os grupos de investigación á sociedade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: