“Tardes de Ciencia” achega os grupos de investigación á sociedade

Outubro 22, 2008 at 11:35 am Deixar un comentario

A Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) organiza as TARDES DE CIENCIA no marco da Convocatoria DIVERCIENCIA da D.X. de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

As tardes celebraranse os días 27 e 30 de Outubro de 2008 no Casino de Santiago de Compostela (rúa do Vilar 35) de 18:00 a 19:00 h e en cada unha delas 3 grupos de investigación das universidades galegas contaranlle ao público asistente (estudantes de ESO, FP e carreiras) en que ámbito están investigando de xeito distendido a carón dunha mesa de café. En cada mesa haberá sobre 15 asistentes. O obxectivo é achegar estes grupos de investigación a uns 90 asistentes e que tamén teña un impacto considerable nos medios de comunicación.

As charlas previstas son as seguintes:

Luns 27 de outubro de 2008. Casino de Santiago de Compostela

“Como evitar a falsificación de documentos e imaxes”
“Recoñecemento de voz”
“As nanopartículas: novos transportadores dos medicamentos”

>> Descarga o cartel en PDF (fai click aquí)

Xoves 30 de outubro de 2008. Casino de Santiago de Compostela

“O cerebro: como crea realidade”
“A morte súbita nos deportistas”
“O Comportamento dos consumidores”

>> Descarga o cartel en PDF (fai click aquí)

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Miguel Ángel Correa e Roberto López Valcarce contarán o seu día a día aos alumnos de secundaria Os hidrocarburos aromáticos policíclicos alteran múltiples funcións vitais das troitas arco iris

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: