Os hidrocarburos aromáticos policíclicos alteran múltiples funcións vitais das troitas arco iris

Outubro 29, 2008 at 8:34 am Deixar un comentario

Publicado no DUVI o 24 de outubro de 2008

Duvi | Vigo
A man do home ten provocado no último século un aumento descontrolado da contaminación nos ecosistemas acuáticos. Un destes axentes nocivos son os hidrocarburos aromáticos policíclicos, HAPs, que representan unha porcentaxe importante da composición do petróleo. Os seus efectos tóxicos nos peixes teleósteos como a troita afectan ao sistemas nervioso central destes seres vivos, alterando funcións vitais como a reprodución, a resposta a situacións de estrés ou a alteración do seu control de comportamentos e funcións fisiolóxicas relacionadas co ciclo día-noite. Estas son as conclusión que de desprenden da tese de doutoramento de Manuel Gesto Rodríguez, que se centrou nun campo pouco estudado dentro dos efectos dos HAPs nos peixes teleósteos como é o sistema nervioso central.
“Aínda que existen de forma natural na auga, a actividade antropoxénica nos últimos séculos, especialmente dende a utilización masiva de combustibles fósiles, incrementou considerablemente a presenza destes compostos no medio acuático”, explica o investigador. O seu traballo centrouse en avaliar a capacidade dos HAPs para alterar os sistemas de neurotransmisores monoaminérgicos cerebrais na troita arco iris como modelo de peixe teleósteo. A investigación afondou na posible relación entre os efectos dos HAPs observados nas monoaminas cerebrais e os efectos nocivos dos HAPs sobre os sistemas hormonais que controlan a reprodución, as respostas ao estrés ou os ritmos biolóxicos na troita. 

Resultados Obtidos
Trala análise, os resultados mostran que as monoaminas cerebrais da troita arco iris son sensibles á acción de distintos HAPs, o que altera diversas función destes animais.
“O efecto dos HAPs foi distinto segundo o estadío de desenvolvemento gonadal, afectando principalmente aos peixes menos desenvoltos, o que podería indicar unha interferencia entre os efectos dos HAPs e o incremento de esteroides sexuais nas troitas”, explica Manuel Gesto.
Por outra banda, o estudo determinou que as respostas fisiolóxicas normais a situacións de estrés altéranse polo efecto dos HAPs, tanto a nivel hormonal como a nivel das monoaminas cerebrales. “Estas alteracións poderían facer diminuír as posibilidades de supervivencia dos peixes no medio natural”, subliña o investigador.
Outro dos efectos estudados afecta aos ciclos rítmicos día-noite. Os contaminantes alteraron o metabolismo da hormona melatonina no órgano pineal das troitas e “esta hormona prodúcese en grandes cantidades durante a noite e a súa produción é moi escasa durante o día”, apunta. Deste xeito, os HAPs provocan diminucións nas diferenzas día-noite normais, o que altera o control de comportamentos e funcións fisiolóxicas que ocorren ritmicamente en base a estes ciclos. 

Antecedentes
Diferentes traballos doutros investigadores teñen demostrado que a toxicidade dos HAPs en moitos e distintos aspectos nos peixes teleósteos. Os resultados destas análises describen efectos mutaxénicos/carcinoxénicos, xenotóxicos, citotóxicos, neurotóxicos ou inmunotóxicos e, ademais, estes hidrocarburos actúan tamén como disruptores endocrinos, alterando o funcionamento de sistemas hormonais e provocando alteracións en moitas funcións. Con todo, a análise deste licenciado en Ciencias do Mar e autor de numerosos artigos científicos abre unha nova liña de traballo que sitúa o sistema nervioso central como diana para os efectos dos HAPs.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

“Tardes de Ciencia” achega os grupos de investigación á sociedade Semana da Ciencia 2008 na Universidade de Vigo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: