Semana da Ciencia 2008 na Universidade de Vigo

Outubro 29, 2008 at 8:42 am Deixar un comentario

Entre o 10 e o 23 de novembro terá lugar a Semana da Ciencia 2008, un evento de carácter europeo que se celebra anualmente para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade. A Universidade de Vigo abre as súas portas e organiza, a través de distintos grupos, unha serie de actividades coas que pretende amosar á cidadanía, dun xeito ameno e accesible, como a ciencia e a tecnoloxía están presentes nas vidas cotiás dos cidadáns, desde os elementos máis simples aos máis sofisticados.

Entre os actos previstos para esta edición atopamos exposicións, conferencias, visitas guiadas, obradoiros, representacións e concursos que tocan temas tan diversos como as ciencias da terra, as ciencias naturais e mariñas, as matemáticas, a física, a tecnoloxía ou a comunicación; tratados sempre dun xeito accesible e divulgativo.

Aquí tedes información polo miudo de todos estes actos e actividades.

Para máis información podedes contactar con semanadaciencia@uvigo.es

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Os hidrocarburos aromáticos policíclicos alteran múltiples funcións vitais das troitas arco iris Convocado “Visualciencia”, un certame de vídeos para xoves aprendices de científicos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: