Convocado “Visualciencia”, un certame de vídeos para xoves aprendices de científicos

Outubro 31, 2008 at 8:06 am Deixar un comentario

O Instituto de Estudios para la Ciencia y la Tecnología de la Universidad de Salamanca e a Fundación DiCYT, co ánimo de incentivar nos máis xoves o gusto pola Ciencia e mellorar o coñecemento social da actividade investigadora, convocan o 1º Certame de Vídeos “VisualCiencia“, unha actividade na que a rede e as novas tecnoloxías convírtense nas ferramentas de partida para espertar a curiosidade dos máis novos polos conceptos científicos e polos fundamentos que fan funcionar boa parte dos desenvolvementos que utilizamos na nosa vida cotiá.

Este certame vai dirixido a rapaces de entre 10 e 25 anos, que deberán enviar vídeos nos que se amosen as suas experiencias científicas, os seus contactos co mundo da investigación ou cos fenómenos máis sorprendentes que nos desvelan a física, a química, a bioloxía e, en xeral, todos os ámbitos de coñecemento.

Os premios para os gañadores van dende un IPod Shuffle a un Proxector Epson “Full HD” EMP-TW1000, pasando por ordenadores Sony Vaio, MacBook Air, cámaras de fotos ou vídeoconsolas. Os interesados en conseguir estes agasallos teñen ata o 20 de novembro do vindeiro ano 2009 para presentar os seus traballos, que se colgarán na rede en http://www.youtube.com/DiCYT

As bases están colgadas en http://www.dicyt.com/visualciencia

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Semana da Ciencia 2008 na Universidade de Vigo Cartel do Cabaré Científico

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: