Entréganse na Coruña os Premios Xornalismo Científico 2008

Decembro 9, 2008 at 8:00 am Deixar un comentario

O martes 16 de decembro a Dirección Xeral de I+D+i da Consellaría de Innovación e Industria entregará os galardóns do VI PREMIO DE XORNALISMO GALICIA INNOVACIÓN. O acto terá lugar na Coruña, ás 19:00 horas, na Cafetería Cienfuegos (R/Padre Feijóo- zona Praza de Ourense).

Os galardoados nesta edición son:

– 1º Premio: Pilar Mera Rico, polo seu traballo “As bacterias non puideron co Prestige”, publicado en La Opinión

– 2º Premio: para o grupo composto por Manuel Vicente García, Marta Vila Taboada e César Martínez Pérez, polo traballo “Nanotubos”, emitido polo programa da Radio Galega Efervesciencia

– Ademais, os premios fan mención especial aos traballos de Manuel Vilas López “O futuro da televisión dende Conxo”, publicado en Tempos Novos, e a “Nace a primeira falante artificial de galego”, publicado en A Nosa Terra, pola súa calidade.

Tralo acto de entrega celebrarase deseguido o café científico “A vida na terra. Unha historia de evolución, bacterias e sexo”, na que participarán os doutores Luis Sampedro, do Centro de Investigacións Ambientais de Lourizán (Pontevedra), e Alberto Velando, da Universidade de Vigo, e o actor Vicente de Souza. Nel abordaranse diversos conceptos da evolución e fitos importantes da historia da vida na terra a interrelación entre todos os organismos e o medio no que vivimos. O obxectivo desta iniciativa, que se enmarca na serie de Cafés-teatro-científicos que organiza o Grupo Neurocom da Universidade da Coruña, é a divulgación baixo a luz do coñecemento científico rigoroso e da indispensable apertura de mente que proporcionan o teatro, o bo humor, e o ambiente distendido dunha cafetería.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

A Universidade aposta pola visibilidade da innovación cunha xornada sobre a certificación e as dedución fiscais para o I+D+i La Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) y el Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) anuncian las fotos ganadoras del certamen nacional FOTCIENCIA08

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: