Unha boa relación socio-monitor revélase como o aspecto máis importante para evitar as altas taxas de abandono nos ximnasios

Decembro 18, 2008 at 8:16 am Deixar un comentario

img_3722

Camino Carballeira | DUVI

Aprender inglés, deixar de fumar e apuntarse nun ximnasio son común denominador en moitas listas de propósitos para o ano novo que se dilúen na preguiza ou na falta de tempo un par de meses despois. Precisamente a influencia dos factores sociais, ambientais e persoais na percepción dos ximnasios e a súa relación coas taxas de abandono é o obxecto da tese de Paulo Sena que dirixiu o profesor Joaquín Dosil. Segundo esta investigación o grao de satisfacción da relación que se establece entre o socio e o monitor é a máis relevante na adhesión ao ximnasio.

Sena apunta que “os aspectos de índole social revelan unha grande importancia nos motivos de abandono dos ximnasios”, unha conclusión que tira dos resultados das enquisas realizadas. O traballo requiriu a creación dun cuestionario, o Cuestionario de Percepción del Ambiente del Gimnasio (CPAG), para avaliar a percepción dos ximnasios en catro campos: os factores personais, o ambiente físico, a relación entre socios e a relación socio-profesor. Este último, vital para comprender por que algúns usuarios se manteñen nos ximnasios a longo prazo e outros abandonan prematuramente. Así se desprende dos resultados das 1005 enquisas das que constou a investigación que sinalan a correspondencia entre a adhesión ao exercicio e a personalidade dos profesores. A preocupación do monitor polo socio, a súa competencia ou a claridade das explicacións foron algúns dos ítems analizados no estudo.

Por rango de influencia o factor de relación entre socios e a integración no ambiente do ximnasio foi o segundo máis sinalado para explicar a fidelidade á actividade física, deixando en terceiro lugar os factores ambientais tales como a temperatura, os accesos, o equipamento ou a limpeza. Os aspectos persoais como o grao de sacrificio que require a práctica habitual de deporte ou o seu custe económico reveláronse como os menos importantes na decisión de abandono.

O CPAG, un instrumento fiable
O traballo presenta a versión preliminar do CPAG e as primeiras análises permiten indicar que é “un instrumento fiable e cunha validez predictiva alta”. A validez do contido confirmouse mediante o análise dos expertos, a de criterio, correlacionando os 26 ítems do CPAG e a da análise factorial, da que resultaron os catro factores estudados: relación socio-monitor, relacións entre socios, ambiente físico e factores persoais.
Segundo Sena, “as propiedades psicométricas do CPAG permiten augurar unha versión final deste instrumento que dea respostas á demanda que existe na industria do fitness para reducir os índices de abandono”.

Un problema económico e de saúde
Os abandonos dos ximnasios son moi elevados “por riba dos 70% dos que se inscriben” chegando a darse o paradoxo de que “hai máis exsocios que socios de ximnasios”. Un 5% da poboación ibérica participa nalgún ximnasio ou centro de fitness, unha industria cunha facturación estimada de 450 millóns de euros e a dualidade adherencia-abandono é preocupante para este sector polas perdas económicas que causa pero tamén para o propio practicante, que non disfruta dos beneficios que a actividade física lle proporciona á súa saúde.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Un artigo que fala de como percibimos en Galicia a Ciencia e a Tecnoloxía O programa GaliciaBioemprende selecciona o proxecto Nanoimmunotech como mellor iniciativa empresarial no eido biotecnolóxico

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: