A Plataforma SINC cumple un ano

Febreiro 11, 2009 at 9:29 am Deixar un comentario

A Plataforma SINC, na que habitualmente colabora a Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo publicando novas e artigos sobre os seus investigadores ven de cumplir un ano de existencia.

O Servizo de información e Noticias Científicas (www.plataformasinc.es) foi posto en marcha no seo da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) durante o Ano da Ciencia 2007 e presentado aos medios de comunicación o 12 de febreiro de 2008, co obxectivo de aumentar a presenza de informacións científicas de calidade nos medios de comunicación e achegar a ciencia á cidadanía.

Para celebrar o seu aniversario, o pasado día 5 de febreiro, SINC reuniu a máis de 100 xornalistas e divulgadores científicos no Instituto Cervantes de Madrid. Nesta festa na que tamén participou o fenómeno de música experimental Reactable, SINC presentou a súa nova imaxe e lema: A ciencia é noticia.

Logo dun ano de funcionamento, SINC conta con 1.400.000 páxinas vistas ao mes, máis de 200 xornalistas rexistrados e case 400 institucións científicas que regularmente publican en SINC os achados de investigación dos seus centros.

O Servizo de Información e Noticias Científicas conta cun equipo de xornalistas especializados que elabora noticias rigorosas de ciencia, sempre contrastadas coa comunidade científica.

A aplicación tecnolóxica desta plataforma dixital está construída sobre un xestor de contidos en software libre que permite grandes fluxos de traballo. SINC tamén aposta pola participación da comunidade científica a través de opinións expertas e tribunas sobre temas de interese público.

SINC conta cunha parte pública e outra de acceso restrinxido para xornalistas. Os contidos de SINC teñen unha licenza Creative Commons 2.5, é dicir, todo o mundo pode usalos, modificalos e distribuílos a condición de que se cite a fonte.

Na parte pública, calquera usuario do portal pode acceder a seccións como noticias, reportaxes e entrevistas, tribuna, axenda ou galería multimedia.

Os xornalistas poden rexistrarse en SINC de forma gratuíta para acceder a noticias en exclusiva embargadas; alertas de artigos científicos publicados por investigadores españois en revistas de impacto internacional; un directorio do sistema español de ciencia e tecnoloxía; e unha base de datos de investigadores para a interlocución con medios de comunicación, entre outros servizos.

Os xornalistas rexistrados tamén poden acceder á sección “Á carta” para solicitar entrevistas e reportaxes en exclusiva elaborados polo equipo de SINC para a súa publicación ou emisión en medios de comunicación españois. Tamén teñen á súa disposición as imaxes e os vídeos de actualidade científica, que poden descargarse en alta resolución.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

A UCC da Universidade de Vigo na Revista Aproxímate Technarte, a conferencia internacional de Arte e Tecnoloxía, en Bilbao o 23 e o 24 de abril

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: