FECYT publica a convocatoria de axudas do programa de cultura científica e da innovación 2009

Marzo 5, 2009 at 11:31 am Deixar un comentario

fecyt

A Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), pon en marcha unha convocatoria de axudas dentro do Programa de Cultura Científica e da Innovación 2009. A dotación máxima global da presente convocatoria de axudas ascende a 4.400.000 euros. Un dos aspectos novos da convocatoria de 2009 é que se amplía a participación a todo tipo entidades, tanto públicas como privadas. Ademais este ano darase especial relevancia a todas aquelas actividades que comuniquen os valores da innovación e creatividade, en consonancia cos obxectivos da celebración en 2009 do Ano Europeo da Creatividade e a Innovación.

A convocatoria pretende fomentar a actividade divulgadora e de comunicación coa sociedade dos axentes do sistema español de I D i, así como a interacción, participación e aprendizaxe da cidadanía. En 2009, a convocatoria estrutúrase en tres claras liñas de actuación: Proxectos de comunicación e divulgación da ciencia e a innovación, Operacións en Rede e Actividades preparatorias da Presidencia Europea 2010

Dentro da liña de Proxectos de comunicación e divulgación da ciencia e a innovación financiaranse actuacións concretas de temática xeral, sempre ligadas aos valores sociais e económicos da ciencia e a innovación e enmarcadas no Ano Europeo da Creatividade e a Innovación. Ademais o programa apoiará especificamente os mellores proxectos que se presenten con motivo das dúas conmemoracións científicas que se celebran no 2009: o Ano Internacional da Astronomía (AIA-IYA) e o Ano Darwin.

En segundo lugar a liña Operacións en Rede pretende consolidar as estruturas permanentes creadas para a difusión, divulgación e información científico-tecnolóxica que xestiona o Ministerio de Ciencia e Innovación a través da FECYT: a Rede de Unidades de Comunicación Científica e de Innovación (UCC i), a Rede Española de Museos de Ciencia e Tecnoloxía e a Rede Autonómica de Comunicación da Ciencia e a Innovación, onde se inclúen os proxectos relacionados coa coordinación territorial de actividades para a celebración do AECINN e da Semana da Ciencia 2009.

Para rematar, dado que no primeiro semestre de 2010 España asumirá por cuarta vez a Presidencia do Consello de Ministros da Unión Europea, a terceira liña de financiamento servirá de apoio para a preparación de actividades no marco da Feira “Cidade Europea da Ciencia e a Innovación”, iniciativa vocación europea e coa participación de todas as institucións e entidades relacionadas dun modo ou outro coa ciencia e a innovación. A Feira “Cidade Europea da Ciencia e a Innovación”, persegue como obxectivo achegar, difundir, comunicar e estimular o interese e a curiosidade pola ciencia e a innovación presente na nosa vida cotiá, así como mostrar o estado actual e funcionamento do Espazo Europeo de Investigación.

Poderán solicitar as axudas desta convocatoria toda entidade, con personalidade xurídica propia, con sede e legalmente constituída en España no momento da presentación da solicitude de axuda. As entidades poderán participar ben individualmente ou ben en colaboración con outras entidades, que á súa vez cumpran os requisitos esixidos aos beneficiarios da convocatoria.

A presentación das solicitudes realizarase a través do sistema telemático de participación dispoñible na dirección Web da FECYT dentro do prazo de presentación de solicitudes, do 4 de marzo ao 3 de abril de 2009.

As accións que resulten finalmente aprobadas e financiadas en virtude desta convocatoria deberán ser executadas no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2009.

Para máis información: http://www.convocatoria09.fecyt.es

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

O uso do preservativo na adolescencia está máis asociado a evitar embarazos que a previr enfermidades de transmisión sexual A xornada “INNOVAE: La innovación como solución”, o próximo 16 de marzo en Madrid

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: