A xornada “INNOVAE: La innovación como solución”, o próximo 16 de marzo en Madrid

Marzo 6, 2009 at 1:08 pm Deixar un comentario

logo-aecinn-jpg-gall

O Ministerio de Ciencia e Innovación organizou para o próximo día 16 de marzo unha xornada de reflexión e debate para investigadores e empresarios que, baixo o título de “INNOVAE: a innovación como solución”, será o foro que analice o impulso ao desenvolvemento socioeconómico baseado na creatividade e o coñecemento. Este encontro é o acto principal en España do Ano Europeo da Creatividade e a Innovación, polo que está prevista a asistencia do presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, a Ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia e o director xeral da Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT), Juan Tomás Hernani.

Para o Goberno de España é clave que, para construír unha sociedade do coñecemento, o país avance cara a un novo modelo produtivo baseado na xeración e aplicación de novas ideas e nunha cidadanía máis proclive á innovación e ao emprendimiento. Por este motivo, no foro daranse cita personalidades de relevancia internacional como Paul Krugman, premio Nobel de Economía en 2008, que impartirá un relatorio sobre o papel da innovación na recuperación económica; Craig Venter, biólogo iniciador do proxecto Xenoma Humano, e o ex primeiro ministro de Finlandia e actual vicepresidente de Nokia, Esko Aho, tamén experto en políticas de promoción da innovación e embaixador do Ano Europeo da creatividade e a innovación.

Para máis información fai click aquí

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

FECYT publica a convocatoria de axudas do programa de cultura científica e da innovación 2009 Científicos da Universidade estudan na Antártida as consecuencias do cambio climático

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: