Científicos da Universidade estudan na Antártida as consecuencias do cambio climático

Marzo 13, 2009 at 11:59 am Deixar un comentario

gal3

Publicado no DUVI

O profesor de Ciencias do Mar, Mariano Lastra, volveu pisar este curso o continente xeado, mudando así a facultade viguesa polo “laboratorio natural ideal”, como a el lle gusta referirse á Antártida. Nesta ocasión o seu destino foi a base Gabriel de Castilla, en illa Decepción, un arquipélago situado ao noroeste da península antártica.
Ao longo do mes que durou a estancia alí o equipo de traballo dirixido por Lastra recolleu datos para poder facer un estudo comparativo en termos de biodiversidade entre a illa de Decepción, de orixe volcánica, e Rey Jorge, situada na parte sur e onde o 90% da superficie é xeo. “Nós o que facemos é estudar o efecto dese quentamento hidrotermal sobre a fauna mariña e comparámolo coas illas frías, as habituais desta zona, no seu día con Livingston e neste proxecto con Rey Jorge, xa que a base Juan Carlos I de Livingston está sendo remodelada”, explica Lastra.
A investigación está incluída dentro dos proxectos de cambio climático e as conclusións ás que cheguen serán básicas para empezar a determinar que acontecería si se producise un quentamento da auga nesa zona da Antártida.

Ler máis

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

A xornada “INNOVAE: La innovación como solución”, o próximo 16 de marzo en Madrid ¿Por qué a ciencia é importante?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: