Visitas divulgativas a Toralla para escolares

Abril 28, 2009 at 11:07 am Deixar un comentario

encabezado-coresdomar

Actividade: Xornadas divulgativas: “As cores do mar de Toralla”
Datas:
Haberá visitas os días
25, 26, 27, 28 e 29 de maio de 2009
8,9,10,11 e 12 de xuño de 2009

Duración:
As visitas teñen unha duración total de 4 horas (de 10:00 a 14:00)
Lugar:
Estación de Ciencias Mariñas da Universidade de Vigo – Illa de Toralla
Destinatarios:
Alumnos/as de últimos cursos de primaria

Trala positiva experiencia da actividade “As cores do mar de Toralla” celebrada durante a Semana da Ciencia 2008, a Unidade de Cultura Científica e a Estación de Ciencias Mariñas da Universidade de Vigo, dentro do seu programa de actividades de divulgación da ciencia, organizan nos meses de maio e xuño unha nova edición destas xornadas dirixidas a estudantes dos últimos cursos de primaria co fin de que coñezan o entorno mariño e aprendan, dun xeito científico as distintas cores que se poden atopar no mar.

Contido da actividade:
As xornadas constan de:

  • Visitas didácticas ao entorno de Toralla, rochas de baixamar e praia de baixamar
  • Exposición de acuarios, nos que a cor terá un lugar predominante (fondos de algas, animáis miméticos, …).
  • Exposición “Cores do mar de Toralla” composta de sete paneis explicativos
  • Proxección da peza audiovisual “Baixo as ondas das rías” e charla na sala de actos da ECIMAT.

Obxectivos:
Se buscan os seguintes:

  • Achegar aos alumnos/as dos colexios de Vigo e bisbarra ao coñecemento do medio mariño, mediante un percorrido polas cores do mar, á importancia da luz no mar, o uso das cores na fauna e flora mariña.
  • Incentivar a curiosidade científica e o respecto polo ambiente natural nos mozos do entorno da Ría de Vigo, fomentando o coidado polos recursos mariños e a loita contra a destrucción do litoral.
  • Divulgar entre os sectores sociais a investigación mariña acollida na Universidade de Vigo.

Documentos:
>> Descarga PDF da actividade aquí
>> Premendo aquí pódese ver o vídeo de “As cores do mar de Toralla” que xa se realizou co gallo da Semana de la Ciencia no 2008

Para máis información, non dubidedes en contactar coa Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo
José Jato
T.986 811 943
otri12@uvigo.es

http://webs.uvigo.es/otri/ucc

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Conferencia: “El descubrimiento de agua en una estrella moribunda” A UCC prepara unha publicación na que presenta as Empresas de Base Tecnolóxica xurdidas na Univerisdade de Vigo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: