A UCC prepara unha publicación na que presenta as Empresas de Base Tecnolóxica xurdidas na Univerisdade de Vigo

Maio 7, 2009 at 12:06 pm Deixar un comentario

Explotar aqueles resultados das investigacións que realizan os grupos da Universidade que teñen potencial para ser comercializados, evitando así que queden reducidos ao ámbito meramente académico. Esa é a principal razón de ser das EBT (Empresas de Base Tecnolóxica) académicas, iniciativas empresariais que teñen como punto de partida os coñecementos e as tecnoloxías desenvolvidas na universidade, constituindo unha vía moi efectiva de transferencia dos resultados de investigacións ao mercado e á sociedade.

Da Universidade de Vigo xurdiron ata o de agora 12 EBT, que xa están constituídas e funcionando en diferentes ámbitos da economía tales como a enxeñaría, a xestión medioambiental, o coaching, a seguridade ou a saúde termal. Ademais existen outros proxectos que están en fase de estudo e titorización e que nun plazo breve de tempo se convertirán en empresas, o que ven demostrar que as investigacións que se levan a cabo no ámbito académico teñen, en moitos casos, unha aplicación directa no mercado.

Para dar a coñecer as EBT, a Oficina de I+D (OTRI) da Universidade de Vigo, a través da Unidade de Cultura Científica, está a preparar a edición dun libro sobre as EBT que, promovidas por profesores e investigadores da Universidade de Vigo, xurdiron ao abeiro da institución viguesa. No libro explícanse as peculiaridades deste tipo de iniciativas empresariais e preséntanse tanto as EBT que xa están a desenvolver a súa actividade como as que están en proceso de constitución.

Esta publicación, prevista para este mes de maio, forma parte da política de promoción de actividades de transferencia que dende a OTRI viguesa se está a levar a cabo co fin de dinamizar e facilitar a transferencia de coñecemento do ámbito académico ao produtivo e empresarial.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Visitas divulgativas a Toralla para escolares A Universidade enfoca ao mercado empresarial o traballo de dous grupos de investigación

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: