A Semana da Ciencia celebrarase este ano entre o 9 e o 22 de novembro

Xuño 2, 2009 at 11:36 am Deixar un comentario

minas5

A Semana da Ciencia, na que ano a ano participa activamente a Universidade de Vigo,  é un evento de carácter europeo que se celebra anualmente para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade. En Galicia está coordinada pola Consellaría de Economía e Industria, en colaboración con FECYT, Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, entidade do Ministerio de Ciencia e Innovación que coordina o evento no ámbito estatal.

Durante os días de celebración, todo tipo de entidades públicas e privadas están chamadas a abrir as súas portas e organizar actividades coas que se pretende amosar á cidadanía, dun xeito ameno e accesible, como a ciencia e a tecnoloxía están presentes na vida cotiá, desde os elementos máis simples aos máis sofisticados.

A participación na Semana da Ciencia pode realizarse a través de dúas vías: organizando actividades ou asistindo a elas. Poderá ser organizadora de actividades calquera entidade, sexa pública ou privada, asociación, institución ou persoa física que así o desexe. Aínda que as entidades directamente vinculadas coa ciencia xogan un papel fundamental na Semana da Ciencia, este evento está aberto á participación de todo tipo de entidades co obxectivo precisamente de que amosen á sociedade como a ciencia, a tecnoloxía ou a I+D+i están presentes en todo o que nos rodea: desde un hospital ou unha empresa até un parque eólico ou un medio de comunicación. Para asistir ás actividades haberá que agardar até novembro.

O tipo de actividades máis habituais na Semana da Ciencia son as xornadas de portas abertas; exposicións; visitas guiadas; obradoiros; excursións; ciclos de cine; representacións de teatro científico; cafés científicos; conferencias; etc. A asistencia é gratuíta e abrangue todo tipo de públicos.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Arranca a actividade “As cores do mar de Toralla” Investigadores e empresarios poñen en común estratexias de I+D+i nunha xornda na CEP

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: