Investigadores e empresarios poñen en común estratexias de I+D+i nunha xornda na CEP

Xullo 22, 2009 at 9:41 am Deixar un comentario

xornada CEP xul 2009

Publicado no DUVI

Desenvolver o potencial das universidades e centros de investigación e aplicalo ao fomento económico de Galicia é a filosofía que inspira o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite), que pretende estruturar un sistema produtivo no que as empresas e as universidades se engarcen. Con ese obxectivo en mente, a Universidade e a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) celebraron este martes unha xornada dedicada ás axudas deste plan galego de I+D+i para abordalas desde una perspectiva práctica e analizar os criterios de avaliación e procedementos de selección que se seguen para así poder elaborar propostas competitivas e exitosas.
O director de Programas de Transferencia da Universidade, Lorenzo Pastrana, e mailo secretario xeral da CEP, Ramón Búa, inauguraron a cita, que alcanza a súa cuarta edición, coa intención “de manter esta iniciativa”, segundo afirmou Búa, “para dar resposta aos retos destas dúas entidades”. Ao mesmo tempo, Búa sinalou á Universidade como “centro de desenvolvemento e intelixencia” e apuntou a necesidade de “aproximar aínda máis a colaboración para afrontar o reto da globalización”. Pola súa parte, Pastrana afirmou que a Universidade “dálle moita importancia ás relacións coas empresas e os programas de transferencia” e boa proba diso foi a creación da área que el dirixe. Tamén sinalou o investimento en I+D+i como “unha oportunidade a aproveitar no contexto de crise para situarnos nunha mellor posición cando saiamos dela” e asegurou aos empresarios presentes no acto que “a Universidade é o mellor socio” para calquera actividade que queiran realizar xa que nela poderán atopar “grupos de investigación de diferentes áreas axeitados para calquera idea de proxecto”.

Vertebrar un sistema
O feito de que os primeiros países do ránking de produtividade repitan nos postos máis altos da clasificación segundo a inversión en I+D+i non é algo casual e iso é algo que os empresarios representados na CEP (nun 97% PEMES) teñen ben claro. Pero articular colaboracións entre empresas e Universidade no marco do Incite esixe un protocolo de procedementos que a responsable da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI), Ángeles López, desgranou ante investigadores e empresarios. Segundo os datos que achegou, o Plan conta cun orzamento de 800 millóns de euros para vertebrar uns sistema de I+D+i e “establecer o marco de actuacións de política científica e tecnolóxica”. “Unhas das novidades desta convocatoria”, explicou López, “é a posibilidade de que as empresas obteñan anticipos na subvención”. A contía das subvencións dependerá do tipo de de empresa e tamén da modalidade de investigación, “canta máis distancia exista entre a investigación e o mercado, máis risco e por iso a financiación é maior”, apuntou.
A responsable da OTRI tamén sinalou que o plan contempla a posibilidade de solicitar as axudas en colaboración, “unida a empresa coa Universidade, centros tecnolóxicos ou outras empresas” ou de xeito individual, coa subcontratación como figura para integrar ás universidades no proxecto.

Outras ferramentas
O Plan Incite é unha boa ferramenta pero non é única da que os empresarios se poden beneficiar e por iso, López tamén enumerou algunhas outras convocatorias de interese como o Plan de Fomento da Propiedade Industrial, que subvenciona as taxas e os gastos de consultoría en invencións, deseños industriais e signos distintivos ou o Programa de Innovación Empresarial para a adquisición de material de I+D+i.
Despois da intervención de López, o responsable da Unidade de Promoción e Márketing da OTRI, Francisco Domínguez, achegou os aspectos prácticos das solicitudes de axuda.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

A Semana da Ciencia celebrarase este ano entre o 9 e o 22 de novembro FECYT e o CSIC convocan o certame nacional de fotografía científica FOTCIENCIA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: