FECYT e o CSIC convocan o certame nacional de fotografía científica FOTCIENCIA

Setembro 14, 2009 at 11:29 am Deixar un comentario

FOTCIENCIA é un certame de fotografía científica convocado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) cuxo obxectivo é achegar a ciencia e a tecnoloxía aos cidadáns mediante unha visión artística e estética suxerida a través de imaxes científicas e un comentario escrito do feito científico que ilustran.

O tema do certame é a ciencia e a tecnoloxía. As imaxes deberán estar relacionadas coa investigación científica e as súas aplicacións tecnolóxicas e industriais, reflectindo o obxecto de estudo da actividade científica, as persoas que a realizan, a súa instrumentación e instalacións ou as tecnoloxías que resultan do avance científico.

A participación está aberta a calquera persoa maior de idade que presente imaxes propias que non sexan premiadas noutros concursos e que se inclúan na temática do certame. Unicamente admitiranse fotografías en formato dixital, debendo ir acompañadas dun texto que permita interpretar o interese científico ou tecnolóxico da fotografía. O xurado valorará tanto distintos aspectos da calidade da imaxe como o carácter divulgativo do texto.

As imaxes presentaranse a unha das dúas categorías: Micro, cando a dimensión real do obxecto fotografado sexa menor ou igual a 1 mm ou a imaxe sexa obtida mediante un instrumento de micrografía, óptica ou electrónica e Xeral, cando a dimensión real do obxecto fotografado sexa maior a 1 mm.

A presentación das imaxes e os seus correspondentes textos realizaranse a través dun formulario de participación dispoñible na páxina web do certame http://www.fotciencia.fecyt.es.

Outorgaranse sete premios:
-Primeiro premio categoría Xeral cunha dotación económica de 2.400 €.
-Accésit categoría Xeral cunha dotación económica de 1.000 €.
-Primeiro premio categoría Micro cunha dotación económica de 2.400 €.
-Accésit categoría Micro cunha dotación económica de 1.000 €.
-Premio extraordinario “2010 Ano do Achegamento das Culturas”: o xurado
concederá un premio extraordinario á mellor fotografía, na categoría Xeral ou
Micro, sobre «Achegamento das Culturas», cunha dotación económica de 600 €.
-Premio extraordinario “2010 Ano Internacional da Biodiversidade”: o xurado
concederá un premio extraordinario á mellor fotografía, na categoría Xeral ou
Micro, sobre «Biodiversidade», cunha dotación económica de 600 €.
-O reto: nesta edición introdúcese esta categoría que pretende espertar a imaxinación e a creatividade dos participantes a partir dun breve texto que propomos, relacionado coa ciencia. O reto é plasmar nunha fotografía o que
suxiran estas liñas:

Todas as fotografías presentadas estarán dispoñibles na páxina web do certame:
http://www.fotciencia.fecyt.es. Os usuarios da web poderán votar pola súa fotografía favorita a través de devandita páxina.
A obra máis votada en cada unha das modalidades (Xeral e Micro) recibirá unha mención honorífica.

O prazo de votación en liña iniciarase o luns 9 de novembro de 2009 e finalizará o domingo 22 de novembro de 2009, coincidindo coa celebración da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía.

O xurado, xunto coa organización, seleccionará unha serie de imaxes que formarán parte dun catálogo e dunha exposición itinerante. O fallo do concurso e a votación popular faranse públicos a partir do 10 de decembro
de 2009 na páxina http://www.fotciencia.fecyt.es

Para calquera consulta adicional está dispoñible o e-mail: fotciencia@fecyt.es

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Investigadores e empresarios poñen en común estratexias de I+D+i nunha xornda na CEP Conferencia: “Vacinas: un gran reto para a ciencia médica”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: