Conferencia divulgativa: “A nanotecnoloxía unha gran revolución a pequena escala”

Decembro 9, 2009 at 10:34 am Deixar un comentario

O vindeiro martes día 15 de decembro, a Fundación Pedro Barrié de la Maza en Vigo acolle a terceira conferencia do ciclo divulgativo: “A carón da Ciencia”. Nesta ocasión tócalle o turno á  nanotecnoloxía, unha ciencia que estudia as propiedades especiais que adquiren certos materiais ao reducir o seu tamaño, conseguindo por exemplo materiais máis fortes que o aceiro pero dez veces máis lixeiros.

A pesar de tratarse dunha disciplina recente está facilitando xa numerosos avances para moitas industrias e novos materiais con propiedades extraordinarias, novas aplicacións informáticas con compoñentes incríblemente máis rápidos ou sensores moleculares capaces de detectar precozmente e destruir células canceríxenas nas partes máis dedicadas do corpo humano como o cerebro, entre outras moitas aplicacións.

A charla será impartida por Ramón Álvarez Puebla, doctor en Química e Investigador Ramón y Cajal no Departamento de Química Física da Universidade de Vigo, que centra a súa investigación no estudo das propiedades nanofotonicas dos nanomateriais e a súa integración en materiais funcionais para o desenvolvemento de sensores ultra-rápidos e ultra-sensibles con aplicacións na biodetección, diagnose e imaxe biomédica.

Descarga o tríptico da conferencia premendo aquí

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Vídeo da conferencia de África González sobre a vacinación A nanotecnoloxía, a Revolución Industrial do século XXI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: