A nanotecnoloxía, a Revolución Industrial do século XXI

Decembro 17, 2009 at 9:17 am Deixar un comentario

Na conferencia que o pasado martes nos ofreceu o investigador da Universidade de Vigo, Ramón Álvarez Puebla na sede da Fundación Pedro Barrié de la Maza, puidemos descubrir as infinitas posibilidades que a nanotecnoloxía ofrece ao progreso do mundo. Moitas delas parecían ciencia ficción, coma os guantes de Spiderman ou a camisola con mp3 incorporado, pero non, eran reais e algunhas xa están no mercado.

Se na anterior charla de “A carón da Ciencia” adicada á Astronomía se falaba de anos luz e miles de millóns de quilómetros, o martes tocoulle o turno aos nanómetros e as micras, unhas dimensións tan pequenas que custa imaxinar. Pero son precisamente estes traballos a tan pequena escala os que permiten variar as propiedades físico-químicas dos corpos, moldeándoos segundo as necesidades concretas e conseguindo, por exemplo, materiais máis resitentes que o aceiro pero cun 10% de peso.

Tamén chamaron moito a atención as aplicacións que a nanociencia ten no campo da medicina. Ramón Álvarez presentou ao público asistente as balas máxicas contra o cancro, que permiten destruir un tumor adheríndose a el, ou a posibilidade de enviar directamente un determinado medicamento á parte do corpo enferma, conseguindo así un tratamento máis efectivo e non invasivo.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Conferencia divulgativa: “A nanotecnoloxía unha gran revolución a pequena escala” Vídeo da conferencia sobre Astronomía de Luis Felipe Miranda

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: