Na procura da cidadanía mellor formada da Península Ibérica en ciencia e tecnoloxía mariña

Febreiro 22, 2010 at 4:31 pm Deixar un comentario

Publicado no DUVI

Actividades dimensionadas segundo o tamaño las cidades e vilas nas que se desenvolvan e con eventos asociados. Esta é a idea sobre a que traballa o grupo encargado de elaborar un programa conxunto de cultura científica e tecnolóxica do Campus do Mar, integrado polas persoas responsables dos museos do Mar de Galicia, dos científicos de A Coruña e o de Historia Natural Luis Iglesias da USC, así como os responsables das unidades de cultura científica das universidades de A Coruña e Vigo e do CSIC e do Agrupamento en Tecnoloxías da Información e das Comunicación, AETIC. “No proceso de focalización de ideas sobre a divulgación da cultura científica xerada a partir do Campus do Mar no que nos atopamos, a realización de grandes actividades en cidades importantes e a de actividades menores para chegar tamén a lugares máis pequenos, con eventos asociados se se considera oportuno, son as ideas básicas a desenvolver”, explica Miguel Ángel Nombela, director da Área de Estudantes e Deportes da Universidade de Vigo que tamén apunta a necesidade de empregar as novas tecnoloxías como base para elaborar unha axenda científica ou un portal que dea cabida a divulgadores, investigadores e público en xeral.

Xunto á investigación e á docencia en temas mariños, Campus do Mar leva aparellada unha nova concepción en cuestións como a cultura, a actividade deportiva, a igualdade, así como na divulgación científica. “Non facemos divulgación como un regalo á cidadanía, senón que é un dereito, xa que as investigacións que desenvolvemos páganse en gran medida cos seus impostos o que lles dá o dereito de formarse nos temas nos que traballamos”, sinala Xosé Antonio Fraga, director dos museos científicos coruñeses Domus, Aquarium e Casa das Ciencias. A consecución deste obxectivo pasa polo traballo conxunto pasa polo contacto entre as institucións xeradoras de coñecemento como as universidades ou o CSIC e as entidades con capacidade para a transferencia dese coñecemento. “A idea é que a simbiose destes dous elementos”, explica Emilio Fernández, comisionado de Campus do Mar, “sexa o mecanismo ou o instrumento para acadar que a cidadanía de Galicia e do Norte de Portugal, sexa a mellor formada en ciencia e tecnoloxía mariñas, polo menos na Península Ibérica”.

Coordinación estruturada a prol da divulgación da cultura científica

Aínda que os museos científicos de Galicia manteñen desde hai anos unha colaboración, os seus responsables entenden o proxecto de Campus do Mar como unha gran oportunidade para afianzar ese traballo en común a prol da divulgación da cultura científica. “Para min”, sinala María Isabel Fraga, directora do Museo de Historia Natural Luis Iglesias da USC, “o aspecto máis importante é que sexamos quen de poñernos de acordo para o desenvolvemento de programas que melloren a cultura científica da poboación”. Un traballo en común que permitiría ademais, como apunta, Xosé Antonio Fraga, “romper co localismo das institucións que traballan en Galicia nun determinado ámbito. Facer ciencia é un traballo colectivo de xeito que todo o que contribúa a que flúa a información é positivo. Ademais no ámbito divulgativo non pode existir ciencia do mar sen público do mar, sen cultura asociada”. Pola súa banda o director do Museo do Mar de Galicia, Pablo Carrera, lembra que “os museos xa traballábamos xuntos de xeito coordinado, pero máis por voluntarismo que por unha coordinación estruturada que a partir de agora terá una carácter máis forte que redundará positivamente no ámbito da divulgación”.

Máis contundente á hora de falar da relevancia deste traballo en común é a responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC, Luisa Martínez que non dubida en cualificala de “oportunidade única”. Na mesma liña, Nuria González, coordinadora do Agrupamento en Tecnoloxías da Información e das Comunicación, AETIC, destaca “a importancia de sumar os esforzos de grupos de diferentes ámbitos e que o mar sexa ese nexo de unión”.
Precisamente sobre as posibilidades que a divulgación de actividades relacionadas co mar ofrece, María Isabel Fraga lembra que “o mar é un mundo moi amplo e todo vai depender dos métodos que utilicemos para transmitir algo”. Pola súa banda o director dos museos científicos de A Coruña, Xosé Antonio Fraga, sinala o atractivo que o mar ten como punto de partida, pero non escatima o esforzo que museos e unidades de divulgación científica deben realizar para captar o interese do público. “Á xente o mar atráelle máis que outros elementos e nós teremos que conectar para contar como se investiga”, explica Fraga. Un esforzo no que incide o responsable da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, José Jato que tamén incide na importancia de “saber vender” a ciencia a un público “que pouco a pouco ves que responde ben o que te fai pensar que se a ciencia non chega, non é por falta de interese, senón ao mellor porque non se sabe vender”.

Campus do Mar, a universidade do futuro

Máis alá de recoñecer o carácter aglutinador que para os museos e unidades de cultura científica galegos ten Campus do Mar, os seus responsables recoñecen abertamente a importancia da proposta coa que a Universidade de Vigo concorrerá á convocatoria de Campus de Excelencia Internacional. María Isabel Fraga, directora do Museo de Historia Natural Luis Iglesias da USC, lembra que a universidade compostelá xa conta co seu Campus de Excelencia Internacional con Campus Vida e que ese é o camiño a seguir porque “a universidade do futuro está en sumar esforzos e así facernos máis fortes e competitivos. Ademais nun mundo global hai que sumar e en Galicia hai potencial para ser fortes”. Unha idea na que tamén incide o director do Museo do Mar de Galicia, Pablo Carrera, que considera o Campus do Mar como necesario para facer unha actuación coordinada de todo o que é a investigación mariña a que sen embargo “faltáballe un empurrón de carácter internacional de xeito que os esforzos individuais poidan ter un reflexo a nivel máis colectivo. Unha expectativa que estou seguro que Campus do Mar vai cumprir”.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

A divulgación da Ciencia, un pilar importante no Campus do Mar Os Contos e Coplas de Estrelas na páxina web de UNAWE

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: