O Campus do Mar estrea a súa páxina web

Marzo 23, 2010 at 3:57 pm Deixar un comentario

Dinámica, integradora e en constante actualización. Así é a nova páxina web do Campus do Mar que, a partir deste martes, achegará todas as características e novidades deste proxecto, non só aos seus parceiros estatais e internacionais, senón a toda a cidadanía, na procura dunha implicación xeneralizada a prol da calidade e a excelencia universitaria.
O obxectivo destra estrea en internet é triplo, segundo explica o comisionado do Campus do Mar, Emilio Fernández. Trata por unha banda “de reunir toda a información que se xera nos medios sobre o proxecto e, por outra, pretende converterse nun foro de debate para toda a comunidade e a cidadanía, onde poidan coñecer todos os avances desta candidatura a Campus de Excelencia Internacional e todos os proxectos que se vaia concretando e pechando”. Finalmente, a web será tamén o “xeito de unirse, a título persoal, á iniciativa”, puntualiza.
En galego, castelán, inglés e portugués, en www.campusdomar.es os internautas poderán saber que é un Campus de Excelencia Internacional, coñecer a fonda tradición que une Galicia co mar e coa investigación mariña e que fundamenta este proxecto, así como os tres obxectivos do Campus do Mar, a excelencia investigadora e transferencia, a excelencia docente e internacionalización e a mellora da calidade de vida no campus.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

A Universidade de Vigo presenta en ACUI a súa oferta científico-tecnolóxica en acuicultura O Día do Científico Galego homenaxea este ano a Cruz Gallástegui, o modernizador da agricultura

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: