A Universidade expón o seu potencial investigador no Salón do Viño Vintech

Abril 26, 2010 at 12:14 pm Deixar un comentario

Publicado no DUVI

A oferta de I+D+i e de transferencia da Universidade de Vigo abrangue todos os ámbitos do coñecemento, entre eles o sector agroalimentario. Dentro deste eido a institución leva anos desenvolvendo proxectos e liñas de investigación relacionadas co viño, como un dos sectores punteiros da economía galega. Todo este esforzo innovador será presentado a vindeira semana no Salón Internacional do Viño, técnicas e equipamento, Vintech, que se celebrará en Vilagarcía de Arousa. Entre os días 26 e 28 o recinto de Fexdega acollerá nunha feira a representantes do sector, tanto adegueiros como produtores e comercializadores, co obxectivo de incentivar as canles de comercialización de produtos vinculados á industria do viño e favorecer a implantación de novas tecnoloxías e o encontro entre industriais do sector procedentes de todo o mundo. Esta segunda edición do salón é a primeira vez que participa a Universidade e faino na procura de contactos, contratos e sinerxías coas empresas do eido, para o que a institución contará cun stand propio e presentará unha publicación na que se recolle a oferta de I+D+i do sector agroalimentario.

En 2007, pola primeira edición desta feira pasaron arredor de 6000 visitantes que puideron coñecer de primeira man as propostas relacionadas coas adegas e cooperativas, produtores, maquinaria agrícola, accesorios, rego, abonos, fertilizantes e fitosanitarios, viveiros, maquinaria vinícola, equipamentos de laboratorio, produtos químicos, produtos enolóxicos, barricas e toneis, botellas, etiquetas e etiquetadoras, tapóns, caixas, etc, así como empresas de informática, editoriais, seguros agrarios…

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

O Día do Científico Galego homenaxea este ano a Cruz Gallástegui, o modernizador da agricultura Que reto queres facer realidade no 2030?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: