Campus Científicos de Verán da FECYT

Xuño 18, 2010 at 8:01 am Deixar un comentario

A partir do próximo 4 de xullo, trescentos estudantes de 4º de secundaria e 1º de bacharel incorporaranse durante dúas semanas a proxectos de investigación en universidades pertencentes a seis Campus de Excelencia Internacional. Trátase dunha iniciativa que puxeron en marcha o Ministerio de Educación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, FECYT, cuxo obxectivo é que os estudantes teñan unha primeira experiencia de contacto co labor investigador.

Desde hoxe pódese consultar a lista definitiva dos 300 mozos admitidos e os seus suplentes en www.campuscientificos.es.

Dirixidos por profesores universitarios do máis alto nivel en colaboración con profesores de ensino secundario, os mozos realizarán traballos prácticos e teóricos, así como unha presentación pública dos resultados obtidos durante a súa participación nos proxectos. Todo iso compleméntase con actividades de lecer científico e cultural, conferencias e encontros, co obxectivo de que os Campus Científicos de Verán sexan un instrumento eficaz para introducir aos alumnos no mundo da investigación científica.

Os campus desenvolveranse do 4 ao 31 de xullo de 2010 en institutos e departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) ou Rexional (CER) en dúas quendas de 14 días de duración cada un, nas universidades de Córdoba, Oviedo, Cantabria e Santiago de Compostela; En Cataluña, na Universidad de Barcelona, Autónoma e Politécnica de Cataluña; e en Madrid na Universidad Autónoma, Complutense, Universidad Politécnica e Universidad Carlos III.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

¡Elige tu reto2030! Un novo modelo de rato permitiría analizar tratamentos diferentes para a síndrome humana 5q-

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: