Queremos SaudArte, un certame de arte postal sobre a prevención e a saúde

Setembro 27, 2010 at 7:34 am Deixar un comentario

Porque a arte é saudable…
O Grupo de Investigación de Medicina Preventiva e Saúde Pública (MP1) e a Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, coa financiación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), e en colaboración coa Asociación Galega de Educación para a Saúde, co colectivo Medicina e Arte, con Boek 861 e con Psicotrex, convocan un certame de Arte Postal no que se busca que os participantes amosen a visión que teñen sobre a saúde dun xeito creativo, co único condicionante de que as obras podan ser enviadas utilizando os medios postais e electrónicos habituais. Trátase dunha actividade creativa e positiva, que combina arte, ciencia e sociedade, e busca establecer un espazo aberto no que as persoas xoguen un papel fundamental.

Participade!
Invitamos a todas as persoas que o desexen (de calquera idade e parte do mundo) a participar nesta convocatoria, enviando obras, de xeito individual ou colectivo, a través do Correo Postal ou do Correo Electrónico

Descarga aquí as bases en galego
Descarga aquí as bases en castelán

Visita a web do certame: http://webs.uvigo.es/saudarte

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Animádevos a participar en FOTCIENCIA Arranca a web-tv do Campus do Mar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: