A Universidade de Vigo colabora na construción do segundo acelerador de partículas máis grande do mundo

Outubro 7, 2010 at 10:34 am Deixar un comentario

Publicada no DUVI

O Grupo CIMA, Centro de Enxeñaría Mecánica e Automoción da Universidade, está a participar na posta en marcha do que será o segundo acelerador de partículas máis grande do mundo despois do CERN e que se localizará no novo Centro Europeo de Investigación en Física Nuclear, FAIR, unha das infraestruturas científicas prioritarias para a Comisión Europea na que participan 2.500 investigadores de todo o mundo e cuxo custe ascende a 1.186 millóns de euros, dos que o 75% é financiado polo goberno alemán e o resto polo resto de países participantes, entre eles España.

A participación española no proxecto está coordinada polo profesor José Benlliure do Grupo Experimental de Núcleos e Partículas pertencente ao Instituto Galego de Altas Enerxías da USC, que é a entidade encargada de coordinar o deseño e fabricación do calorímetro, unha das pezas máis importantes do proxecto, xa que no seu interior é onde se produce o impacto nuclear das partículas. “Digamos que é o que analiza o que acontece durante o choque nuclear”, explica o profesor José Antonio Vilán, actual vicerreitor de Transferencia e coordinador de CIMA, o grupo de investigación vigués que se está a encargar do deseño, desenvolvemento e fabricación mecánica do calorímetro, “un traballo bastante complexo no que se empregan materiais de última xeración e moi avanzados”, engadiu Vilán.

A finais de decembro probarán o prototipo en Alemaña
Actualmente forman o grupo CIMA, liderado por José Antonio Vilán, arredor de 20 investigadores, dos cales cinco están implicados neste proxecto, o propio Vilán e os investigadores Enrique Casarejos, Abraham Segade, Pablo Yañez e Carlos Parrilla. Levan tres anos traballando nel –a finalización está prevista para o 2014- e na actualidade están inmersos na fabricación dun primeiro demostrador do prototipo que se probará a finais de ano no acelerador de partículas en Alemaña. “Trátase de coller unha parte dese gran calorímetro e construíla para ver que problemas te podes atopar na montaxe”, puntualiza Segade, ao tempo que explica que se trata dun mecanismo con forma de cubo de arredor duns trinta centímetros, cunha estrutura construída en fibra carbono de moi baixo espesor, dentro da cal se inclúen diferentes tipos de materiais, “incluídos un cristais moi caros e especiais que se fabrican en moi poucos lugares do mundo”, engade Vilán.

Aplicacións médicas
Os representantes dos dez países fundadores do FAIR – Alemaña, Eslovenia, España, Finlandia, Francia, India, Polonia, Romanía, Rusia e Suecia- asinaron esta semana na cidade alemá de Wiesbaden o convenio de creación do centro, que se emprazará na cidade alemá de Darmstadt.

Ademais das aplicacións puramente científicas e teóricas como, por exemplo, coñecer as elevadas temperaturas e presións que poden existir no interior dunha estrela, os estudos que se leven a cabo no FAIR terán tamén diferentes aplicación prácticas, entre elas, algunhas que espertan grandes expectativas a nivel médico e, neste sentido, o profesor Vilán subliña que xa se fixeron ensaios con resultados positivos de destrución de tumores cerebrais empregando protóns. Este sería un dos campos máis relevantes pero non o único “pois, por exemplo, tamén haberá avances nos escáneres, empregados pola policía e tamén nos aeroportos”, engade.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Nanoimmunotech, entrevista aos seus promotores Tecnoloxía ‘made in’ Galicia nas JAI 2010

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: