Tecnoloxía ‘made in’ Galicia nas JAI 2010

Outubro 18, 2010 at 3:16 pm Deixar un comentario

Publicado no DUVI

Autobuses híbridos, robótica ou o recoñecemento facial en zonas de seguridade. Estes serán algúns dos temas das IV Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial, JAI 2010, que reunirá entre o 15 e o 19 de novembro no Centro Social Caixanova a unhas 600 persoas entre investigadores e investigadoras, profesionais, docentes universitarios e de FP e alumnado dos últimos cursos de carreiras técnicas de Galicia e do Norte de Portugal. Unhas xornadas que abrirán as súas portas “con máis presencia empresarial que nunca, con 14 poñentes, e coa presenza de importantes centros tecnolóxicos”, valora o profesor José Ignacio Armesto, coordinador das JAI 2010.

Cun ano de retraso “pola crise”, agora a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais promete unha xornada inaugural cun invitado de luxo: a empresa galega Castrosúa, que ten nas súas mans o primeiro autobús híbrido español, fabricado integramente en España con capacidade para 40 pasaxeiros e unha autonomía de 300 quilómetros. Pero no acto de apertura tamén estará un vello coñecido da Univesidade de Vigo, Juan Ramón Rodríguez, director de servizos técnicos de PSA Peugeot Citroën e alumno da primeira promoción de Enxeñeiros Industriais. Será a quenda para falar da evolución da automatización no sector da automoción, non só nos vehículos, totalmente informatizados, senón tamén no proceso de produción.

Patrocinadas polo Igape, Xunta, Porto, Ministerio de Educación ou Caixanova, as xornadas están orientadas á difusión, formativa e informativa, das innovacións e dos avances das tecnoloxías da automatización industrial. Un bo xeito de tomarlle o pulso ás novidades e “poder afrontar con éxito os retos da crecente globalización e competitividade nos procesos produtivos do negocio”, explicou o coordinador.

Ampla presenza internacional
A xornada internacional chegará o xoves da man de catro poñentes europeos. Entre os máis destacados, Stefan Korf, enxeñeiro de Harting, visionario dunha nova tecnoloxía industrial que pode revolucionar a automatización ou as dúas asociacións internacionais de estandarización. Como curiosidade, a da universidade alemana de HTW des Saarlandes, na que a de Vigo ten varios estudantes en Erasmus, e que, “aínda que pareza algo estraño, paga por vir. Gústalle o proxecto e quere colaborar con el abonando a inscrición”.

Retransmitidas en directo
Os preto de 600 asistentes que se esperan nas xornadas estarán acompañados de xeito virtual dun maior número de interesados. Como xa ocorrera na última edición, as conferencias serán retransmitidas en directo pola UvigoTv. “Esto é algo moi importante porque sabemos que as marcas que participan poden seguir o evento desde as súas sedes. Incluso nalgunhas escolas técnicas verán os relatorios en directo no salón de actos. Dá bo resultado, porque no 2007 houbo sesións con tantos asistentes presenciais como a través da rede, con máis de 200 conexións nalgunas”, asegurou José Ignacio Armesto.

Para aumentar a difusión, ademais das emisións tamén en diferido na UvigoTv, nesta cuarta edición das JAI colaborarase coa revista especializada Automática e Instrumentación. Ao rematar o evento recompilarán todo o acontecido nun dvd do que se repartirán unhas 5000 copias con esta publicación nacional entre febreiro e marzo.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

A Universidade de Vigo colabora na construción do segundo acelerador de partículas máis grande do mundo Parabéns!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: