CONCURSO DE CÓMIC: “A Química a través do Cómic”

Novembro 3, 2010 at 9:11 am Deixar un comentario

Co motivo do Ano Internacional da Química, o Colexio Oficial de Químicos de Galicia – Asociación de Químicos de Galicia convoca un concurso de cómic para elaborar un calendario do ano 2011.

Acceso ao texto íntegro das bases do concurso premendo neste enlace.

Acceso á ficha de inscrición premendo neste enlace.

O calendario proposto terá doce follas, unha por cada mes, cada unha dedicada a un elemento ou composto químico.

1. A obra ten que ser un CÓMIC, que poderá conter entre 1 e 6 viñetas dedicado a un elemento ou composto químico. As imaxes acompañaranse dun breve texto explicativo das razóns da elección desa sustancia e en qué mes lles gustaría asociar o cómic e por qué.

2. No cómic poderase representar unha historia real ou inventada sobre o descubrimento, a obtención do elemento ou composto, a súa presenza na natureza, as súas aplicacións na industria e os seus usos na vida cotiá.

3. Poden participar tódolos cidadáns de Galicia, de calquera idade e de maneira individual. Cada participante poderá enviar un máximo de doce sustancias químicas diferentes, de este modo cada participante poderá presentar un ano completo.

4. Os traballos enviados deberán ser orixinais, en cor ou en branco e negro, con técnica libre. A imaxe en formato dixital enviarase como arquivo adxunto JPG, JPEG ou PDF e acompañadas do texto explicativo. A resolución da imaxe non poderá superar os 300 ppp.

Os traballos enviados en formato papel deberán ser en formato Din A4 ou Din A3.

5. As propostas poderán enviarse dixitalmente á Colexio de Químicos de Galicia: secretaria@colquiga.org, ou ben enviarse por correo ordinario á sede do Colexio Oficial de Químicos de Galicia. Cada cómic se enviará debidamente identificado polo nome do composto ao que vai referido e polo nome do autor, xunto cunha folla de inscrición debidamente cuberta.

6. A data límite de recepción de propostas será o día 17 de Novembro do 2010 e o fallo farase público o día 25 de Novembro do 2010 na páxina web do Ilustre Colexio de Químicos de Galicia – Asociación de Químicos de Galicia: www.colquiga.org , indicando o lugar, día e hora en que se fará o acto público da entrega de premios.

7. Concederase un premio de 100 € por cada unha das imaxes de cada mes, que servirá para elaborar o calendario de promoción do Ano Internacional da Química do Ilustre Colexio de Químicos de Galicia-Asociación de Químicos de Galicia. Destes 12 premios, 5 estarán reservados para alumnos de: Ensinanza Primaria (1), Ensinanza Secundaria Obrigatoria (1), Bacharelato (1), Formación Profesional (1) e Ensinanza Universitaria (1).

Ademais haberá un premio especial de 300 € á mellor viñeta presentada, un de 150 € para a mellor viñeta presentada por alumnos da ESO e outro de 150 € para a presentada por alumnos de Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza Universitaria.

Para máis información e para aclarar dúbidas, pode consultar á Asociación de Químicos de Galicia: secretaria@colquiga.org .

Os traballos presentados non poderán estar publicados previamente e coa aceptación das bases asúmese a orixinalidade do traballo por parte do autor.

Datos de contacto : 

Colexio Oficial de Químicos de Galicia

Asociación de Químicos de Galicia

R/Urzáiz, 1-2 º D – 36201 VIGO (Pontevedra)

Tel. 986.437.915 – Fax.986.220.681

http://www.colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Parabéns! Protexer o coñecemento para poñelo en valor

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: