Protexer o coñecemento para poñelo en valor

Novembro 16, 2010 at 4:56 pm Deixar un comentario

Protexer para poñer en valor
A actividade investigadora das universidades e organismos públicos e privados de investigación debe protexerse de cara á posterior transferencia dos resultados aos setores socio-económicos capaces de explotalos. Este coñecemento adoita atoparse nunha fase inicial de desenvolvemento que precisa dunha inversión adicional por parte dalgunha entidade externa, para conseguir levar este coñecemento ata o mercado e, polo tanto, ata a sociedade o que fai especialmente importante contar cunha estratexia de protección que garanta os dereitos dos inventores e da institución e contribúa a rendabilizar as inversións en investigación.

A Oficina de I+D (OTRI) da Universidade de Vigo a través da Unidade de Cultura Científica e grazas á financiación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) organíza esta xornada divulgativa para dar a coñecer as diferentes modalidades de protección do coñecemento, os procedementos de protección e informar sobre as posibilidades de poñer en valor os coñecementos xa protexidos e transferilos ao mercado xa sexa vía licenza ou a través da creación dunha empresa de base tecnolóxica.

Máis información da xornada en: http://webs.uvigo.es/otri/ucc/patentes/

Descarga o díptico da xornada facendo click aquí

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

CONCURSO DE CÓMIC: “A Química a través do Cómic” O encanto de Toralla non deixa indiferentes aos máis pequenos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: