O encanto de Toralla non deixa indiferentes aos máis pequenos

Novembro 22, 2010 at 3:37 pm Deixar un comentario

Publicado no DUVI

Non hai animal acuático nas inmediacións da illa de Toralla que hoxe non se sentira observado. Uns 50 estudantes de 5º de Educación Primaria do Colexio Compañía de María de Vigo estrearon as xornadas divulgativas A biodiversidade: un mar de formas e cores na illa de Toralla, cinco días nos que os rapaces poderán ver, palpar e investigar as formas e cores que adoptan os organismos que viven no mar durante obradoiros de catro horas nos que terán que percorrer as inmediacións da illa e traballar nos laboratorios da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla.

Co tempo a favor, os monitores aproveitan a marea baixa para levar ao alumnado a dar un paseo pola zona rochosa e de area dos arredores de Toralla e ensinarlles en vivo e en directo “como se adaptan os animais a vivir nas rochas, na area ou nas charcas de marea que quedan na zona”, explica Enrique Poza, director técnico da ECIMAT, que organiza as xornadas divulgativas xunto coa Unidade de Cultura Científica. Un dos obxectivos durante o percorrido é recoller mostras que logo se estudan en dúas quendas no laboratorio da Estación: mentres uns visualizan un documental sobre as particularidades da zona, outros sorpréndense coa exposición dos acuarios dos que dispoñen con animais vivos aos que axudan a dar de comer.

A camuflaxe, a raíña
Os que máis éxito tiveron, polo momento, foron o polbo e os rodaballos e a súa capacidade para camuflarse coa contorna. “Levamos aos nenos e nenas ao tanque no que temos os rodaballos e pedímoslles que nos digan cantos ven. Sempre din 4 ou 5 e cando removemos a area e ven que saen 20 xuntos sorpréndelles moito”, recoñece Poza. Moi “satisfactorio” para estudantes e docentes, o ECIMAT acollerá ao longo desta semana a 5 colexios e a preto de 250 alumnos e alumnas.

Unhas xornadas basadas este ano na biodiversidade e ideadas a partir das características especiais de Toralla “con varios ambientes mariños xuntos”: un rochoso e exposto á ondanada, un de area resgardada e unha canle “de pouca profundidade onde está a ponte cun fondo de pedras soltas e que conta cunha biodiversidade moi alta”, recorda Poza. Todo un paraíso á disposición dos estudantes de primaria durante esta semana.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Protexer o coñecemento para poñelo en valor As xornadas de Toralla, na prensa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: