Protexer para poñer en valor o coñecemento

Decembro 2, 2010 at 10:40 pm Deixar un comentario

Publicado no DUVI

Xeradoras de coñecemento, as universidades teñen unha obriga clara coa sociedade na que se insiren a través da transferencia dos resultados dos diversos proxectos e liñas de investigación que desenvolven. Para que os resultados da I+D+i universitaria chegue á contorna, as institucións académicas deben atopar diversas fórmulas non só de transferencia senón tamén de protección destes resultados.

Patentes, colaboracións con empresas ou institucións públicas ou posta en marcha de empresas de base tecnolóxica ou spin-off son algunhas das alternativas que os investigadores teñen para poñer en valor o seu traballo e garantir os seus dereitos como inventores. Para informalos das diversas modalidades e animalos a traballar na protección dos resultados do seu traballo, a Oficina de I+D da Universidade a través da Unidade de Cultura Científica organiza unha xornada que, baixo o título Protexer o coñecemento para poñelo en valor, afonda na importancia de protexer os resultados da investigación.

No acto de apertura, o vicerreitor de Transferencia do Coñecemento, José Antonio Vilán, remarcou a importancia de fomentar esta cultura emprendedora e amosouse honrado de poder abrir este seminario “non só como vicerreitor, senón principalmente como investigador”. A finalidade desta xornada é poñer en valor o papel da transferencia ao sector privado da investigación pública xerada nas universidades e, neste sentido destacou a aposta da Universidade que puxo en marcha unha vicerreitoría específica que el mesmo dirixe. Segundo Ángeles López, responsable da OTRI da Universidade, a idea é “tratar de sensibilizar á comunidade investigadora para preservar o seu traballo e ser útiles social e economicamente”.

“Non se trata só de rendemento económico que axude a financiar as investigacións, senón de rendabilizar socialmente a investigación pública”, de traspasar á contorna os resultados do traballo realizado nas universidades, de darlle solucións e respostas aos problemas da contorna, apunta Vilán. Con todo, o vicerreitor destacou a importancia de coñecer as alternativas porque “é duro e complexo facelo cando se compite nun mercado e nunha economía tan agresiva”.

Vías alternativas para protexer o coñecemento
Ao longo da xornada, os asistentes puideron coñecer dun xeito teórico as diferentes vías e modalidades para protexer o coñecemento, que pasan polas patentes, as licencias ou a creación de empresas.

Julio Sande, axente de patentes e xerente de Clarke&Modet explicou aos investigadores e investigadoras as diferentes modalidades de protección do coñecemento, mentres que Ángeles López, afondou na valorización e explotación dos resultados de investigación.

A xornada rematou cunha mesa redonda na que se expuxeron varios resultados positivos de transferencia de tecnoloxía ao mercado e as diferentes vías adoptadas. Un exemplo foi o exposto por José Luis Valverde, director asociado do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, CITT, que presentou o caso de Colidex-C, unha vacina para leitóns cuxa licenza explota unha empresa farmacéutica. Pola súa banda, Madalena Álves, investigadora da Universidade de Minho e promotora de Ambysis presentou o caso da creación dunha empresa na que toman parte os investigadores.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

A ciencia resolve os problemas con creatividade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: