A Universidade de Vigo únese á celebración do Xeolodía

Maio 7, 2011 at 2:07 pm Deixar un comentario

A Universidade de Vigo únese o día 8 de maio á celebración en España do Día da Xeoloxía, o Xeolodía, coa realización de dous percorridos organizados polo Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio. Un dos percorridos partirá da Facultade de Ciencias de Ourense e levará ás 55 persoas inscritas a gozar dun itinerario xeolóxico polo Val de Maceda. O outro percorrido terá por escenario a Marisma da Ramallosa, na provincia de Pontevedra. Dende a ponte da Ramallosa haberá saídas cada 15 minutos dende as 9.30 horas ata as 12.45 horas para que todos os interesados poidan participar.

“É fascinante comprender que algo que consideras inerte e perpetuo, como unha rocha ou unha fenda, está sometido a constantes cambios e que detrás de si agocha toda unha historia de millóns de anos de evolución e revolución” salienta o profesor José Ramón Seara. Unha fascinación que os organizadores intentarán transmitir a todos os que vos animedes a participar.

Máis información:

Nova sobre o percorrido polo Val de Maceda

Nova sobre o percorrido pola Ramallosa

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

O profesor Luis Navarro descobre os ladrillos da biodiversidade no ciclo ‘A Carón da Ciencia’ O campus de Ourense participa en The Global Chemistry Experiment, o maior experimento colectivo de ciencia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: