Os anos non son un problema para o alpinista profesional

Setembro 15, 2011 at 7:34 am Deixar un comentario

Bea Feijoo | Duvi Pontevedra
A diferenza de outros deportes nos que cumprir 40 anos supón a obrigada retirada da práctica profesional, no caso do alpinismo, a madurez xoga con vantaxe. Así o constata Mário Rui Neves na súa tese de doutoramento presentada na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, na que destaca que os alpinistas compiten na elite con máis de 40 anos. “O alto rendemento no alpinismo mantense en idades de máis de 35 e 40 anos, momento no que as capacidades físicas comezan a estar en declive”, o que pon de manifesto que ademais da esixencia física e técnica, “a preparación psicolóxica é decisiva no rendemento do alpinista para superar con éxito situacións complexas”. Trátase dunha investigación innovadora, pois como aclara Neves, “a pesar de que o alpinismo é un deporte tradicional, foi pouco estudado sobre todo no que respecta aos factores psicolóxicos implicados”.

Máis información no Duvi

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

Conferencias do Ano Internacional da Química Divulgare alíase co Campus do Mar para seguir colleitando premios

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes


%d bloggers like this: