A contaminación e os efectos da sobrepesca saen á superficie na Semana de Cine Submarino

M. Del Río | Vigo

Os océanos e mares do planeta albergan unha riqueza infinita e unha beleza inigualable. Pero tamén son obxecto de perigos e ameazas que desafían o equilibrio e supervivencia dos ecosistemas. Por iso, a Semana de Cine Submarino, na súa vixésimo primeira edición, mergullará ao espectador nesta dicotomía entre a grandiosidade das profundidades mariñas e os riscos aos que están sometidas pola acción do ser humano.

Máis información

Advertisements

Novembro 21, 2011 at 6:32 pm Deixar un comentario

A Facultade de Química despídese o seu Ano Internacional

M. Del Río | Vigo

Un terzo dos adolescentes ingleses confunden a Marie Curie con Mariah Carey. Este dato, resultado dunha enquisa realizada en Gran Bretaña, é un bo indicador do descoñecemento que a sociedade ten da química, unha disciplina maltratada e cunha imaxe incluso negativa, en moitos casos. Para loitar contra esta tendencia, o 2011 foi declarado Ano Internacional da Química, abrindo as portas desta disciplina á sociedade e amosando as súas contribucións en moitos aspectos da vida, como a alimentación, a saúde, os novos materiais, porque “a química rodéanos, é a vida e o futuro”, en palabras da química e vicerreitora de Investigación, Asunción Longo.

Máis información no Duvi

Novembro 21, 2011 at 6:30 pm Deixar un comentario

Cen escolares participaron no maior experimento colectivo de ciencia

Rosa Tedín | Ourense

O pasado mes de maio, desde o campus e o Concello de Ourense púxose en marcha a participación dos centros educativos da cidade no que se considera o maior experimento colectivo de ciencia, The Global Chemistry Experiment. Water: a Chemical Solution. Os estudantes tiñan que realizan catro experimentos sobre a calidade da auga e compartir na rede os seus resultados con centros de todo o mundo. A piques de rematar a experiencia, son xa seis centros e arredor dun cento de alumnos os que se uniron a esta iniciativa, que ten como obxectivo divulgar o coñecemento e concienciar sobre o uso dun ben tan prezado como é a auga.

Máis información no Duvi

Novembro 21, 2011 at 6:28 pm Deixar un comentario

46 estudantes inauguraron na Semana da Ciencia as visitas guiadas de centros aos xardíns do campus

Rosa Tedín | Ourense
Os estudantes de primeiro da ESO do centro ourensán Santo Ángel cambiaron este luns e martes as súas clases por unha viaxe moi especial. A través da Ruta das Árbores do campus de Ourense achegáronse á biodiversidade do planeta nun percorrido que os levou a coñecer in situ especies procedentes dos cinco continentes. Os 46 alumnos que participaron nestas visitas guiadas e didácticas polos xardíns universitarios inauguraron unha iniciativa que terá continuidade ao longo do curso académico e coa que se pretende espertar a conciencia ambiental e o respecto pola natureza entre os máis novos.

Máis información

Novembro 9, 2011 at 12:20 pm Deixar un comentario

Por quinto ano consecutivo, a ETSE de Minas abre as súas portas na Semana da Ciencia

Bea Feijoo/M. Del Río | Vigo
Un ano máis, e xa van cinco, a ETSE de Minas, mergúllase de cheo na celebración da Semana da Ciencia. Dende hoxe e ata o venres visitarán o centro vigués arredor de 1000 rapaces e rapazas de 25 centros de ensino medio de toda Galicia para achegarse á ciencia de primeira man e a través de experimentos e demostracións. Nesta ocasión é a química a gran protagonista das actividades, coincidindo co Ano Internacional desta disciplina, polo que nestas xornadas de portas abertas, os asistentes coñecen as instalacións do centro e a relación estreita que une esta profesión coa química a través da enerxía, os novos materiais ou o medio ambiente.

Máis información

Novembro 9, 2011 at 12:18 pm Deixar un comentario

Este ano a ciencia tamén ten moito que contar

Noemí Rey e M. Del Río | Vigo
Ciencia e imaxinación a esgalla. É o único que necesitas para participar no 4º Concurso de Relatos Ciencia que Conta, organizado por un grupo de profesores do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo e co que se trata de concienciar a toda a sociedade galega “sobre a importancia que ten a ciencia no desenvolvemento económico e o benestar social”. Para fomentar esa cultura científica e achegar o traballo dos investigadores e tecnólogos á cidadanía dun xeito lúdico e divertido, o certame está aberto tanto ao alumnado de educación primaria e secundaria como para o público en xeral. O prazo para enviar os traballos, que deben ser individuais ou por parellas, remata o vindeiro 10 de novembro.

Máis información

Novembro 7, 2011 at 10:58 am Deixar un comentario

Sabías que… O 6% da pescada que compramos no supermercado non é o que parece

Noemí Rey | Vigo
Saber non só se o que se vende nas tendas é de verdade pescada, senón tamén se é da variedade que marca a etiqueta. Ese era un dos obxectivos cos que o grupo de Recursos Xenéticos Mariños liderado por Pablo Presa puxo en marcha no ano 1999 unha investigación sobre trazabilidade molecular de produtos alimentarios para o que desenvolveron dous métodos de identificación biolóxica complementarios, un con ADN nuclear e outro mitocondrial. O resultado foi máis que satisfactorio: dúas patentes que explota en exclusividade ata 2012 a empresa viguesa Teaxul e un estudo de mercado no que fixeron unha mostraxe de 50 produtos comerciais de distintas marcas nos supermercados da área de Vigo e Pontevedra. “Tentamos non ser selectivos, senón rastrear todo o espectro de tratamentos aos que someten a este peixe e coñecer a potencia diferencial de cada unha das ferramentas ideadas, se no mercado real unha era mellor que a outra ou tiñan que ser aplicadas secuencialmente”, explica Presa.

Máis información no Duvi

Novembro 3, 2011 at 8:26 am Deixar un comentario

Artigos máis antigos Artigos máis recentes


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030

Artigos recentes