Semana da Ciencia

Como cada mes de novembro, a ciencia e a tecnoloxía cobran un protagonismo especial coa celebración da Semana da Ciencia. Entre o 9 e o 23 de novembro, organízanse en toda Galicia multitude de actividades que invitan á sociedade a acercarse dun xeito ameno ás diferentes ramas do coñecemento científico. Aumentar a cultura científica, sobre todo entre os máis novos, e reivindicar a importancia que ten nas nosas vidas son os principais obxectivos deste evento.

A Universidade de Vigo, a través dos seus grupos de investigación e co apoio da Unidade de Cultura Científica, participa activamente un ano máis na Semana da Ciencia 2009 coa organización de actividades de todo tipo, dende visitas guiadas ata representacións, pasando por obradoiros, concursos ou publicacións didácticas. Durante estes quince días a astronomía, a bioloxía, as ciencias do mar e da terra ou a robótica cobrarán protagonismo, esperando que os participantes aprendan sobre ciencia, se aficionen a ela e atopen respostas a moitas cuestións que se plantexan na vida real.

Na seguinte ligazón poderedes atopar todo tipo de información sobre as actividades organizadas pola UVigo: as datas de celebración, os contidos, os obxectivos ou como participar nelas.

Actividades Semana da Ciencia 2009 na Universidade de Vigo


%d bloggers like this: