Posts filed under ‘Uncategorized’

Science&cook participa no Forum Gastronómico!!

O pasado mes de decembro investigadores da Universidade de Vigo e destacados chefs galegos pertencentes ao Grupo Nove puxeron en marcha o proxecto Science and Cook co obxectivo de amosar o frutífera que pode ser a maridaxe entre ciencia e gastronomía. Este domingo, día 26 de febreiro, o Fórum Gastronómico, cita de referencia do sector, acollerá en Santiago de Compostela dous obradoiros deste proxecto coa participación dos investigadores Concepción Pérez, Marta Domínguez e Susana Álvarez e dos cociñeiros Gonzalo Rei e Beatriz Sotelo.

Máis información no Duvi

Febreiro 24, 2012 at 2:59 pm Deixar un comentario

Os primeiros vídeos dos obradoiros de divulgacion Science&cook, xa no seu blog

Xaneiro 9, 2012 at 2:11 pm Deixar un comentario

Os cafés-teatro científicos, galardoados pola FECYT por inspirar a cultura científica

M. Del Río | Vigo Bares, cafetarías ou mercados. Calquera lugar pode ser bo para a ciencia e a divulgación, sobre todo se ofrece un espazo informal e distendido para que o público se interese polo coñecemento científico. Este é o obxectivo co que naceron os cafés-teatro científico da man do grupo NEUROcom, da Universidade da Coruña. Estas experiencias, nas que toman parte investigadores e profesores das tres universidades galegas, veñen de ser recoñecidas pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) como unha das 10 actividades inspiradoras en cultura científica en toda España.

Máis información no Duvi

Decembro 26, 2011 at 9:18 am Deixar un comentario

Alxinato, agaar agaar, goma xantana e un chícharo de ida e volta

O menú deste xoves no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación estaba formado por chícharos “alxinato” con virutas de xamón asado, anchoas con crema de pemento “agaar-agaar” e bizcocho con zume “goma xantana”. Aos fogóns estaban o chef Héctor López, do restaurante España, e a técnica do CITI Beatriz Díaz. E para ver como se facían as receitas e catalas estaban os asistentes ao obradoiro Cociña de vangarda, organizado no marco do proxecto de divulgación Science and Cook. O seu obxectivo,  amosar como a ciencia enrique a gastronomía e como a cociña aplica os froitos da  investigación.

Máis información

Decembro 16, 2011 at 3:34 pm Deixar un comentario

De sobremesa, bica unha estrela con xeado de nitróxeno líquido

Bica galega feita por un chef recentemente galardoado cunha Estrela Michelín acompañada por xeado de vainilla feito con nitróxeno líquido. Este foi un dos pratos que os escolares asistentes ao obradoiro Frío frío frío… puideron elaborar e degustar este mércores no campus de Ourense da man dos investigadores do grupo Bioscope da Universidade de Vigo e do cociñeiro Alberto González, do restaurante Silabario. Con esta e outras receitas espectaculares, e moi ricas, gastronomía e ciencia e tradición e innovación compartiron fogóns e prato, no marco do proxecto Science and Cook, para espertar a curiosidade dos máis novos por coñecer.

Máis información no Duvi

Decembro 14, 2011 at 6:10 pm Deixar un comentario

A importante diferenza entre o olor e o aroma dos alimentos

Se collemos un bombón e o achegamos ao nariz poderemos describir o seu olor. Se ese mesmo bombón o levamos á boca e aos 37º aos que está alí o mastigamos e mesturamos con saliva desprenderá uns elementos que son percibidos pola parte interna do noso aparato olfativo e que chamaremos aroma. Esta diferencia de conceptos e a súa práctica foi un dos exercicios que realizaron este luns os 30 escolares do IES Blanco Amor que participaron no obradoiro Unha cata de gominolas e unha receita segreda co que se iniciaron as actividades do proxecto de divulgación científica Science&cook no campus de Ourense. Máis información no Duvi

Decembro 14, 2011 at 6:08 pm Deixar un comentario

A Universidade de Vigo e o Grupo Nove maridan ciencia e cociña

Ciencia e cociña forman unha parella con moita química e moito futuro. Esta idea é o motor de Science&cook, un proxecto de divulgación científica que nace da maridaxe da Universidade de Vigo e do Grupo Nove de Gastronomía de Galicia, entidade que agrupa aos máis destacados chefs galegos. O seu primeiro menú, composto por obradoiros para escolares e adultos, servirase do 12 ao 19 de decembro nos campus de Ourense e Vigo. Neles, investigadores e chefs amosarán o frutífera que pode ser a simbiose ciencia-gastronomía, coñecemento-creatividade, teoría-práctica e investigación-empresa.

Máis información e inscrición

Decembro 9, 2011 at 4:18 pm Deixar un comentario

A contaminación e os efectos da sobrepesca saen á superficie na Semana de Cine Submarino

M. Del Río | Vigo

Os océanos e mares do planeta albergan unha riqueza infinita e unha beleza inigualable. Pero tamén son obxecto de perigos e ameazas que desafían o equilibrio e supervivencia dos ecosistemas. Por iso, a Semana de Cine Submarino, na súa vixésimo primeira edición, mergullará ao espectador nesta dicotomía entre a grandiosidade das profundidades mariñas e os riscos aos que están sometidas pola acción do ser humano.

Máis información

Novembro 21, 2011 at 6:32 pm Deixar un comentario

A Facultade de Química despídese o seu Ano Internacional

M. Del Río | Vigo

Un terzo dos adolescentes ingleses confunden a Marie Curie con Mariah Carey. Este dato, resultado dunha enquisa realizada en Gran Bretaña, é un bo indicador do descoñecemento que a sociedade ten da química, unha disciplina maltratada e cunha imaxe incluso negativa, en moitos casos. Para loitar contra esta tendencia, o 2011 foi declarado Ano Internacional da Química, abrindo as portas desta disciplina á sociedade e amosando as súas contribucións en moitos aspectos da vida, como a alimentación, a saúde, os novos materiais, porque “a química rodéanos, é a vida e o futuro”, en palabras da química e vicerreitora de Investigación, Asunción Longo.

Máis información no Duvi

Novembro 21, 2011 at 6:30 pm Deixar un comentario

Cen escolares participaron no maior experimento colectivo de ciencia

Rosa Tedín | Ourense

O pasado mes de maio, desde o campus e o Concello de Ourense púxose en marcha a participación dos centros educativos da cidade no que se considera o maior experimento colectivo de ciencia, The Global Chemistry Experiment. Water: a Chemical Solution. Os estudantes tiñan que realizan catro experimentos sobre a calidade da auga e compartir na rede os seus resultados con centros de todo o mundo. A piques de rematar a experiencia, son xa seis centros e arredor dun cento de alumnos os que se uniron a esta iniciativa, que ten como obxectivo divulgar o coñecemento e concienciar sobre o uso dun ben tan prezado como é a auga.

Máis información no Duvi

Novembro 21, 2011 at 6:28 pm Deixar un comentario

Older Posts


A Universidade de Vigo ven de crear coa axuda da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) a Unidade de Cultura Científica co obxectivo de apoiar a difusión, a comunicación e a divulgación dos resultados das investigacións científicas da nosa universidade. Esta nova unidade pretende actuar como intermediario entre a comunidade investigadora e a sociedade, estimulando o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxía e dotándoo de mecanismos cercanos e accesibles que os animen a profundizar nestas materias.

reto2030

reto2030